Foto: Cristina Ogando Gonzalez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1585
Clasificación Genérica Artes suntuarias
Objeto/Documento Dentes de animais
Autor/a Romero, Luis [Este artesám era de A Coruña e traballou para IBSA (Industrias Balleneras S.A.) na factoría de Caneliñas. A factoría pechou en 1985, a derradeira en pechar, e é probable que a súa actividade labrando dentes de cachalote non fose moito más alá no tempo.]
Materia/Soporte Marfil
Base: Madeira
Técnica Labra
Dimensiones Peso = 508 cm; Ancho máximo = 9 cm; Alto máximo = 18,50 cm
Dentes de animais: Ancho máximo = 6,70 cm; Alto máximo = 13,70 cm
Descripción Cabeiro de cachalote con representación da Virxe do Carme. Sobre un pequeno pedestal de madeira aparece a figura da Virxe co neno salvando a uns mariñeiros durante unha tormenta. A proa do barco está levantada xa que a nave estáse afundindo, un mariñeiro intenta salvarse collendo á cartela que sosteñen a Virxe e o neno Xesús, na parte inferior outro home, a piques de afogar, agárrase coa súa man esquerda á barca.
Iconografia Virxe do Carme
Firmas/Marcas/Etiquetas Parte posterior, Cicelado
(1964)
Luis Romero/1964 [en diagonal]
Datación 1964
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Uso/función Decorativo
Clasificación Razonada O marfil como como soporte de arte suntuaria ou a súa aplicación como elemento decorativo, incrustado en multitude de obxectos como mobiliario, cadros, xoias, etc., xogou un papel importante desde a Antigüedade.
A estrutura química dos dentes e cabeiros de todos os mamíferos é a mesma, independentemente da especie, e aínda que o uso e asociación do termo marfil para os cabeiros de elefante parece case exclusivo en realidade é incorrecto e "marfil" pode utilizarse para describir calquera dente ou cabeiro de mamífero que presente interese comercial e teña unhas dimensións que permitan que poida ser tallado ou gravado.
Como adorno de mobiliario, emprégase sobre todo en placas gravadas ou en baixorelevos, que se encolan sobre a madeira e desde a Idade Media decora as arquetas, obxectos de luxo e marquetería.
Os dentes de cetáceo, como éste que nos ocupa que é probablemente de cachalote, teñen forma cónica cuxo corte transversal pode ser redondo ou ovalado e caracterízanse por estar recubertos de cemento -tecido dental mineralizado- e unha pequena capa de esmalte na punta.
Os artesáns que traballaron os dentes de cetáceos no século XX labraron pezas que tiveron esencialmente carácter votivo e habitualmente o material máis utilizado foi o marfil do cabeiro de cachalote, era unha materia esixente, complicada e a miúdo respectábase a forma cónica para darlle aínda maior significado á peza.
Este é un exemplar cun traballo escultórico logrado e de calidade nos que o artista ou artesán adáptase perfectamente ás dimensións do soporte e ás características técnicas da materia resolvendo con solvencia os problemas que estes presentaban.
Nos anos 60 do século pasado IBSA vendía os cabeiros a 60 pesetas o quilo e por unha talla de 300 gramos pagaba a Luis Romero, o seu artesán favorito, unha 600 pesetas aínda que o seu valor comercial podería chegar a triplicarse naquela época.
Luis Romero parece ser que só traballou dentes de cachalote e utilizaba maquinaria especializada e trades eléctricos o que lle levou a ser o máis prolifico elaborando sempre pezas de temática relixiosa que no seu maior parte foron compradas por IBSA entre 1956 e 1980, obxectos utilizados logo como agasallo de empresa. Os seus deseños e motivos foron un tanto recorrentes.
Esta peza foi adquirida xunto á D-1583 e D-1584, pertencían a un mesmo propietario particular, tan só está datada e asinada ésta que nos ocupa pero as afinidades estilísticas e a técnica empregada nas tres lévannos a pensar que poderían pertencer ao mesmo autor -Luis Romero-.
Bibliografía AGUILAR VILA, ALEX. Chimán. La pesca ballener moderna en la península ibérica. Barcelona (m): Universitat de Barcelona, 2013.
Forma de Ingreso Depósito por compra
Fecha de Ingreso 11/05/2023
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6